Friday 26 de April de 2024

Caión acollerá o próximo luns o espectáculo de Lore Lavand no marco do festival “Galicia Ilusiona”


A iniciativa inclúese no programa cultural Xacobeo 2021-2022.

A praza Eduardo Vila Fano de Caión será o próximo luns, 8 de agosto, a partir das 20:00 horas o escenario da actuación da maga e ilusionista Lore Lavand.
A artista arxentina chega co seu espectáculo La vida misma, dirixido a todos os públicos e no que fai un

percorrido de sesenta minutos de duración polas diferentes etapas da vida e de todo o que ocorre nelas, coas cousas positivas e as negativas desde a infancia e ata a vellez.

O evento celébrase no marco do Festival Mundial de Ilusionismo ‘Galicia Ilusiona’ que organizan e producen Pedro Bugarín e Dani Polo co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa cultural Xacobeo 2021-2022.